Skip to main content

O Verán CampUSC 2023 mantén aberto o seu prazo de inscrición ata o vindeiro 1 de maio

As prazas ofertadas serán 120 por quenda. FOTO: Santi Alvite
As prazas ofertadas serán 120 por quenda. FOTO: Santi Alvite
O programa está dirixido aos nenos e nenas nacidos/as entre os anos 2006 e 2019 e pretende promover a conciliación da vida laboral e familiar tanto da comunidade universitaria da USC como do público xeral
Santiago de Compostela

O programa Verán CampUSC 2023, organizado pola Fundación Universidade de Santiago de Compostela, abre o seu prazo de inscrición ata o vindeiro 1 de maio co obxectivo de promover a conciliación da vida laboral e familiar tanto da comunidade universitaria da USC como do público xeral. O programa dotado dunha base de actividades deportivas tradicionais e alternativas, xunto con obradoiros, actividades e saídas culturais, está dirixido aos nenos e nenas nacidos/as entre os anos 2006 e 2019 (ambos incluídos). Os requirimentos para solicitar praza poden consultarse nas bases da convocatoria.

USC e Concello de Santiago de Compostela colaboran no desenvolvemento desta iniciativa na que todas as actividades están especialmente dirixidas ás idades e desenvolvemento psíquico-físico das persoas participantes e todas elas desenvolven tamén, de xeito transversal, valores de disciplina, esforzo, perspectiva de xénero, integración, hixiene e respecto ás normas.

O programa terá lugar de luns a venres (agás festivos) de 8.45 a 14.45 horas, polo que a responsabilidade do control e coidado das persoas participantes polos monitores e monitoras responsables comprenderá esa franxa horaria. Ademais, estrutúrase en cinco quendas. A primeira delas do 22 ao 30 de xuño, a segunda do 3 ao 14 de xullo, a terceira do 17 ao 21 do mesmo mes, mentres que a cuarta esténdese do 24 ao 31 de xullo. A derradeira das quendas terá lugar do 1 ao 7 de setembro. As prazas ofertadas serán 120 por quenda.

Cartel do Verán campUSC
Cartel do Verán campUSC
The contents of this page were updated on 04.21.2023.