Skip to main content

Últimos días para participar nas ‘Misións comerciais en feminino: Innovatia 8.3’

Innovatia 8.3 é un proxecto que nace no ano 2011 grazas á colaboración entre o Instituto das Mulleres e a Universidade de Santiago de Compostela. FOTO: Innovatia
Innovatia 8.3 é un proxecto que nace no ano 2011 grazas á colaboración entre o Instituto das Mulleres e a Universidade de Santiago de Compostela. FOTO: Innovatia
A organización faise cargo dos gastos de viaxe, manutención e aloxamento das emprendedoras seleccionadas que se despracen para presentar os seus proxectos
Lugo, Santiago de Compostela

As ‘Misións comerciais en feminino: INNOVATIA 8.3’ queren dar a oportunidade a mulleres do ámbito universitario español para presentar os seus proxectos emprendedores ante entidades pertencentes a universidades e organismos públicos de investigación (OPIs). As persoas interesadas en participar deben enviar a súa solicitude ata o 19 de abril.

A organización faise cargo dos gastos de viaxe, manutención e aloxamento das emprendedoras seleccionadas, así como dos gastos correspondentes á atención e recepción nos que incorran as entidades receptoras. Entre as finalidades destas presentacións, atópase a busca de colaboracións, intermediación, ou alianzas; buscar financiamento; e asesoramento específico nalgunha fase do proxecto, mentoring.

Innovatia 8.3 é un proxecto que nace no ano 2011 grazas á colaboración entre o Instituto das Mulleres e a Universidade de Santiago de Compostela. O seu obxectivo principal é a introdución de perspectiva de xénero nos procesos de transferencia de coñecemento e na creación de empresas. O traballo realizado nestes anos permitiu analizar, comprender e achegar ferramentas para corrixir os nesgos de xénero no emprendemento universitario: emprendemento baseado na tecnoloxía e no coñecemento implementado nas universidades e centros de investigación.

The contents of this page were updated on 04.17.2023.