Preséntase en Ciencias Económicas e Empresariais o Foro pola Economía Social en Galicia
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais desenvolve este mércores 9 ás 12.00 horas unha xornada de presentación do Foro pola Economía Social en Galicia. O acto, organizado en colaboración co Centro de Estudos Cooperativos (CECOOP), contará coa participación de asociacións e cooperativas de Galicia.
Na presentación intervirán a profesora Maite Cancelo, en representación del CECOOP; a decana da Facultade, Emilia Vázquez; a secretaría xeral de Emprego, Covadonga Toca, e o presidente da Unión de Cooperativas Espazocoop, Celso Gándara.
Os principais obxectivos desta xornada é dar visibilidade á economía social ante a sociedade e os principais axentes económicos e sociais, representar os seus intereses ante as diferentes institucións políticas e xerar as condicións necesarias para o desenvolvemento das súas entidades a través da intercooperación e o acceso aos procesos públicos de contratación. Esta actividade está incluída nos actos de celebración do 50 aniversario dos estudios de economía en Galicia.