Skip to main content

O profesor Antonio López proclamado de xeito definitivo reitor electo da USC

Tamén se publicou a proclamación definitiva de representantes en Claustro

A Comisión Electoral Central acaba de facer pública a proclamación definitiva do profesor Antonio López Díaz como reitor electo da USC así como a dos candidatos e candidatas electas para exercer a representación dos distintos sectores que integran o Claustro Universitario.

A publicación de ambas proclamacións definitivas así como dos acordos da Comisión Electoral respectos das reclamacións presentadas pon fin ao calendario electoral na USC nos dous procesos abertos e para os que a comunidade universitaria acudiu ás urnas o pasado 23 de abril.

The contents of this page were updated on 05.07.2018.