Skip to main content

O IV Ciclo Universitario da USC bota a andar no campus de Lugo coa sesión de apertura do novo curso na EPS de Enxeñaría

O prazo matrícula neste programa de formación de persoas maiores de 50 anos permanecerá aberto ata o 26 de setembro nos campus de Santiago e de Lugo

O IV Ciclo Universitario da USC, un programa formativo orientado á participación de maiores de 50 anos, botou andar este xoves en curso coa celebración dunha sesión informativa na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo, no marco do que se presentou o abano de materias ofertadas pola USC para o novo exercicio académico, ademais de informar sobre os prazos e lugar onde se pode formalizar a matrícula, cuxo prazo permanece aberto ata o 26 de setembro.

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, e a directora do IV Ciclo da USC, Esther Olveira Olveira, presentaron ante o alumnado presente o calendario, a oferta académica e as novidades do novo curso, no marco dunha sesión na que tamén participou a coordinadora deste programa de formación sénior da USC na sede universitaria luguesa, a profesora Teresa Rodríguez López, tamén intervirán, xunto cun representante do alumnado, neste acto de apertura do novo curso o IV Ciclo da USC.

O profesor da USC na EPS de Enxeñaría de Lugo Emilio Carral Vilariño, que tamén é docente no programa de formación de maiores do IV Ciclo Universitario da USC, ofreceu nesta sesión unha conferencia baixo o título ‘Incerteza e entropía nas aulas: o cuarto ciclo universitario’.

As estatísticas de matrícula do IV Ciclo Universitario da USC rexistraron o curso 2017-2018 un total de 346 estudantes, dos que 154 alumnos cursaron distintas materias deste programa de formación sénior no campus lugués. Respecto da oferta académica que presenta a USC para o novo curso do IV Ciclo en Lugo, cómpre salientar que cada un dos cinco cursos nos que se estrutura este programa de formación de maiores ofrece seis materias de temática diferente, ao tempo que hai outras media ducia de disciplinas complementarias nas que tamén poden formalizar a matrícula as persoas interesadas.

The contents of this page were updated on 10.30.2024.