Skip to main content

Investigadoras italianas estudan na USC estratexias de replicación de virus de peixes

Ana Toffan e Valentina Panzarin, xunto a Isabel Bandín e Carlos Pereira nas instalacións do Instituto de Acuicultura
Ana Toffan e Valentina Panzarin, xunto a Isabel Bandín e Carlos Pereira nas instalacións do Instituto de Acuicultura
Pertencen ao Laboratorio de Referencia para as Enfermidades de Peixes en Italia e realizan unha estadía no Instituto de Acuicultura da USC

O Instituto de Acuicultura da USC recibe durante unha semana a visita de dous investigadores principais do grupo de Viroloxía do Laboratorio de Referencia para as Enfermidades de Peixes en Italia. As investigadoras do Istituto Zooprofilattico Sperimentale delle Venezie Ana Toffan e Valentina Panzarin aprenderán, baixo a dirección dos investigadores do centro compostelán Carlos Pereira Dopazo e Isabel Bandín Matos, determinadas estratexias para o estudo da replicación de virus de peixes.

O obxectivo final desta colaboración será o deseño de vacinas antivirais efectivas en peixes, e forma parte do proxecto europeo NOVIMARK ‘Identification of virulence markers in two loss-making Novirhabovirus is the key to improve diagnostic and strategic management in farmed rainbow trout’, da convocatoria Era-Net ANIHWA, do que ambos os Institutos forman parte.

The contents of this page were updated on 09.18.2018.