Skip to main content

O reitor preside a sesión protocolaria de inauguración do curso na USC

O reitor Antonio López preside este mércores 5 o acto solemne de inauguración do curso 2018-2019 na USC e que se celebrará a partir das 12.00 horas no Colexio de Fonseca. O acto poderá seguirse por USC-TV.

Nesta ocasión, a lección inaugural impartiraa o catedrático de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica Ángel Concheiro Nine e leva por título ‘Sistema de administración e eficacia dos medicamentos’. Previamente, a secretaria xeral, Dulce García Mella, presentará a memoria do pasado curso académico.

Ao acto está prevista a asistencia da comunidade universitaria así como de diversas autoridades como, entre outras, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; a valedora do Pobo, Milagros Otero; o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; e a primeira tenente de alcalde de Santiago, María Rozas.

The contents of this page were updated on 09.04.2018.