Skip to main content

Aberto o prazo dos segundos premios ‘Responsabilidade social e innovación educativa’ para propostas de aprendizaxe-servizo na docencia

Imaxe de arquivo dunha serie de obradoiros desenvolvidos no marco deste proxecto ApS no Ceip Illa Verde de Lugo
Imaxe de arquivo dunha serie de obradoiros desenvolvidos no marco deste proxecto ApS no Ceip Illa Verde de Lugo

Á segunda edición dos premios ‘ Responsabilidade social e innovación educativa: a aprendizaxe-servizo (ApS) na docencia’ poderán presentarse aquelas experiencias educativas innovadoras relativas á promoción da participación social da USC mediante o desenvolvemento de experiencias de ApS na docencia, realizada no ámbito da USC nos últimos tres anos. A finalidade desta convocatoria é fomentar e poñer en valor a participación social e a innovación educativa da USC cos axentes da súa contorna como ferramenta para o desenvolvemento de proxectos formativo que favorezan a calidade e a empregabilidade do alumnado.

As propostas, a realizar por profesorado con POD do seu departamento no curso 2017/2018 antes do 28 de setembro, incluirán unha breve valoración dos beneficios que supuxo a experiencia mediante a achega de datos do alumnado e dos responsables dos outros axentes colaboradores do proxecto. Outorgaranse un máximo de tres experiencias que o xurado estime de maior calidade, aos que se outorgarán outros tantos premios en metálico de 700, 500 e 300 euros.

O xurado dos premios estará presidido pola vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo e del tamén formarán parte a directora do Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA), Elisa Jato Seijas, catro membros do cadro de persoal docente e investigador de diferentes áreas de coñecemento con experiencia en proxectos de innovación educativa, así como un/unha representantes das ONG e diferentes axentes participantes nos proxectos e o coordinador do Servizo de Participación e Integración Universitaria, Javier Agrafojo.

The contents of this page were updated on 09.05.2018.