Skip to main content

A Cátedra Institucional médico Alejandro Álvarez Coira dá os seus primeiros pasos

A formalización da devandita doazón efectuouse nun acto presidido polo reitor da USC, Antonio López. FOTO: Santi Alvite
A formalización da devandita doazón efectuouse nun acto presidido polo reitor da USC, Antonio López. FOTO: Santi Alvite
A doazón dun sobriño deste especialista en aparato dixestivo xa falecido permite avanzar na creación desta cátedra vinculada á Facultade de Medicina e Odontoloxía
Santiago de Compostela

O testamenteiro Alejandro López Coira, sobriño segundo de Alejandro Álvarez Coira, médico galego xa falecido, doou á USC, seguindo os desexos do seu tío, o importe parcial e inicial da herdanza, 100.000 euros, para a creación da Cátedra Institucional médico Alejandro Álvarez Coira da Universidade de Santiago de Compostela, ligada á Facultade de Medicina e Odontoloxía. 

A formalización da devandita doazón efectuouse nun acto presidido polo reitor da USC, Antonio López, ao que asistiron Alejandro López Coira; a secretaria xeral, Dulce María García Mella; o vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación, Gumersindo Feijoo Costa; o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Julián Álvarez Escudeiro; María Jesús Mora Bermúdez, vicedecana de Odontoloxía; o profesor emérito, José María Fraga Bermúdez; o avogado José María López Coira; e o decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, Francisco Rabuñal Mosquera.

O doutor Álvarez Coira foi especialista en aparato dixestivo e membro constituínte da Academia Médico-Cirúrxica de Santiago. Ademais, en Medicina, foi profesor axudante de clases prácticas de anatomía, centro ao que agora retorna o seu legado a través desta doazón. 
 

The contents of this page were updated on 06.20.2023.