Skip to main content

Sebastián Villasante será co-editor en xefe da revista ‘Marine Policy’

O profesor Villasante tamén foi seleccionado para desempeñar o seu rol de editor asociado na revista 'People and Nature'. FOTO: Santi Alvite
O profesor Villasante tamén foi seleccionado para desempeñar o seu rol de editor asociado na revista 'People and Nature'. FOTO: Santi Alvite
A publicación, fundada en 1977, aborda as disciplinas das ciencias sociais relevantes para a formulación de políticas mariñas
Santiago de Compostela

O profesor do Departamento de Economía Aplicada, Sebastian Villasante, investigador do Centro Interdisciplinario de Investigación en Tecnoloxías Ambientais da USC (CRETUS) e coordinador do proxecto EQUALSEA, financiado por el Consejo Europeo de Investigación, acaba de ser nomeado novo co-editor en xefe da revista Marine Policy, xunto ao profesor Quentin Hanich da universidade australiana de Wollongong. A publicación, fundada en 1977, aborda as disciplinas das ciencias sociais relevantes para a formulación de políticas mariñas.

O profesor Villasante tamén foi seleccionado para desempeñar o seu rol de editor asociado na revista People and Nature, pertencente á British Ecological Society. People and Nature é unha revista de acceso aberto de amplo espectro que publica traballos de diferentes áreas de investigación que exploran as relacións entre os seres humanos e a natureza.

The contents of this page were updated on 06.23.2023.