Unha xornada cultural e gastronómica achega Suecia á comunidade universitaria
‘Pippi Mediaslongas, a nena máis forte do mundo’ é a conferencia que pronunciará o tradutor David A. Álvarez coa que comezará este mércores 4 unha xornada organizada polo Centro de Linguas Modernas (CLM) para achegar á comunidade universitaria compostelá a realidade e a cultura suecas. A xornada transcorrerá no Café de Linguas do CLM na Biblioteca Concepción Arenal a partir das 17.30 horas.
Ademais da conferencia, a filóloga Daniella Pettersson encargarase de desenvolver ‘Aquí hai can enterrado’, un concurso de curiosidades sobre Suecia. Na dimensión gastronómica está previsto unha sesión de café ou té con ‘kanelbullar’ e lussekatter’, bolos típicos de Suecia. Paralelamente exporase unha mostra fotográfica co título ‘Suecia de A a Ö’.