Skip to main content

Un curso de verán sobre LaTeX explicará o uso deste recurso informático para a elaboración de documentos científicos

O prazo de inscrición remata o próximo 13 de xullo

A Universidade de Verán 2018 ofrece un curso sobre a ferramenta informática LaTeX, para a elaboración de documentos científicos e traballos académicos os días 23, 24, 26 e 27 de xullo na Aula Magna e aulas de informática da Facultade de Matemáticas. A matrícula pode formalizarse de xeito presencial ou a través da páxina web ata o próximo 13 de xullo.

O curso, dirixido por Rosana Rodríguez López, ten como obxectivo realizar documentos de alta calidade tipográfica co emprego de LaTeX, facilitando a incorporación de gráficos e expresións científicas. Este curso resulta de gran interese para realizar traballos de fin de carreira, grao, máster, teses e outros traballos académicos e diferentes ramas de coñecemento. As sesións inclúen a presentación das vantaxes desta ferramenta respecto a outras, os elementos básicos de LaTeX e a posta en práctica dos coñecementos adquiridos, entre outros contidos.

The contents of this page were updated on 07.06.2018.