Skip to main content

Un congreso internacional profundará a vindeira semana no estado actual da investigación arredor de Francisco de Asís

Un congreso internacional profundará a vindeira semana no estado actual da investigación arredor de Francisco de Asís
Un congreso internacional profundará a vindeira semana no estado actual da investigación arredor de Francisco de Asís

O congreso internacional ‘ Francisco de Asís, o Santo e os seus frades. Proxección no Occidente medieval’ celebrarase entre os días 17 e 19 de xullo na Facultade de Xeografía e Historia. A súa organización xorde ante os últimos descubrimentos de fontes e a renovación historiográfica franciscana, co obxectivo de abrir o debate e o intercambio de experiencias na investigación sobre o actual estado do Franciscanismo, reunindo a un elenco de especialistas de diversas áreas, universidades de centros de investigación. Está prevista a participación de especialistas en historia medieval, da arte e medieval, así como en filoloxía románica, galega, portuguesa, italiana e catalá procedentes de diversos puntos da xeografía europea.

Este é un congreso de matrícula gratuíta, cuxo recoñecemento está aprobado para os programas de doutoramento de Estudos Medievais, Estudos da Literatura e da Cultura e Historia, Xeografía e Historia da Arte. Ademais, cunha asistencia de como mínimo o 80% das carga docente do curso concédese 1 créditos ECTS para os gran en Historia, en Historia da Arte e en Xeografía e Ordenación do Territorio.

O congreso está organizado no marco da Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares e coordinado por M. Dolores Fraga Sampedro, Isabel Morán Cabanas e M. Luz Ríos Rodríguez. O comité organizador destaca a idoneidade de celebrar o encontro en Compostelá apuntando que no “Finis Terrae, esta cidade é un lugar idóneo, pois a tradición franciscana lígase ao feito xacobeo e aos camiños de peregrinación medievais que percorrían os frades na súa misión apostólica de predicación e hospitalidade”.

O abano de intervencións que conforman o programa están articuladas arredor de cinco bloques temáticos nos que se atenden ás fontes, hermenéutica e renovación; Francisco e a primitiva fraternidade; o fermento baixomedieval: diversidade e reformas; profetismo, predicación e devocións; e a proxección dos frades na sociedade.

The contents of this page were updated on 07.13.2018.