Skip to main content

Curso

Utilización das TIC nos procesos de avaliación e control do plaxio

25/09/2023 - 16.00 horas

O programa impartido polos profesores Pablo César Carril e Mª Isabel Dans del Valle, e incluído no programa de formación do Campus Terra da USC, desenvólvese desde este luns ata o venres 29 na EPS de Enxeñaría

Curso Avaliación e control do plaxio
Curso Avaliación e control do plaxio

Os profesores da USC Pablo César Muñoz Carril e Mª Isabel Dans del Valle imparten desde hoxe e ata o venres 29 de setembro un módulo formativo sobre utilización das TIC nos procesos de avaliación e control de plaxio. As sesións formativas deste curso, que está incluído no plan de formación do Campus Terra 2023, celébranse en quenda de tarde, de 16.00 a 18.00 horas, na Sala de Xuntas da EPS de Enxeñaría, e terán continuidade a través da plataforma en liña MsTeams no campus virtual da USC.

O obxectivo desta proposta formativa é o de brindar aos docentes ferramentas que axilicen os procesos de cualificación para que poidan enfocarse no ensino. Garantir que os estudantes están a producir traballos orixinais e combater as faltas máis sofisticadas á integridade académica é outro dos cometidos dun curso para o que aínda permanece aberta a inscrición en liña.

The contents of this page were updated on 09.22.2023.