O Institut National des langues et civilisations orientais incorpórase á EUniWell
O Institut National deas langues et civilisations orientais (Inalco) de Francia intégrase na Universidade Europea do Benestar (EUniWell) e leva a 11 o número de membros desta alianza de universidades europeas á que pertence a Universidade de Santiago de Compostela desde o mes de xaneiro e na que tamén toman parte as universidades de Murica, Birmingham, Coloña, Florencia, Constanza e Nantes, ademais da Universidade de Linnaeus, a Universidade Semmelweis e a Universidade Nacional Taras Shevchenko de Kiev.
Coa integración de Inalco, a alianza conta supera os 330,000 estudantes e achégas a 60,000 membros do persoal universitario na súa rede internacional.
Fundada en 1795 e situada no corazón de París, Inalco é unha universidade de investigación especializada en estudos de área e estudos globais baseados na lingua. Ofrece a máis de 9.000 estudantes programas de licenciatura, mestrado e doutoramento en Ciencias Sociais, baseados no estudo de máis de 100 linguas e nun profundo coñecemento das súas respectivas culturas e sociedades. Os 14 centros de investigación de Inalco lideran programas de investigación en preto de 450 idiomas.
A profesora Beatrix Busse, directora de Desenvolvemento de EUniWell, afirmou: "Como lingüista, compráceme especialmente dar a benvida á Universidade Inalco á nosa alianza. Coa incorporación de Inalco a EUniWell, salientamos aínda máis que traballar en diferentes culturas europeas e globais, en diferentes idiomas e cruzando fronteiras, é esencial para a promoción do benestar. Na nosa probada colaboración co-creativa, Inalco contribuirá decisivamente ao noso obxectivo de aumentar o benestar individual e social, protexer o medio ambiente e desenvolver a EUniWell como a 'Voz para o Benestar' ".
Á súa vez, o profesor e presidente de Inalco Jean François Huchet explicou: "Un enfoque sistémico do benestar require a capacidade de comprender o compoñente cultural subxacente, xa sexa a nivel individual, societal ou mundial. Tamén esperamos contribuír á construción dun eixo transversal en estudos de áreas e aumentar a visibilidade de EUniWell ante os nosos socios non europeos".
A adición de Inalco a EUniWell permitirá á Alianza realizar estudos rexionais e globais futuros baseados en fontes orixinais de idiomas, beneficiándose así do compromiso de Inalco con diversas rexións non europeas. A experiencia de Inalco no traballo con socios institucionais e cívicos contribuirá á preservación do coñecemento e o patrimonio cultural rexional. Ademais, a nova área temática sobre 'multilingüismo e multiculturalismo' fortalecerá aínda máis o compromiso de EUniWell nestas dimensións.
A institución súmase así ao obxectivo principal de EUniWell, que consiste promover de maneira sostible o benestar de todas as persoas a través da investigación integral, o ensino innovador e a responsabilidade social.