Preto de 1.600 persoas déronse cita no Congreso de Aliñadores e Novas Tecnoloxías
A USC colaborou coa Sociedade Española de Ortodoncia e Ortopedia Dentofacial na organización deste foro
Santiago de Compostela
Ao longo de dúas xornadas o Congreso de Aliñadores e Novas Tecnoloxías reuniu en Compostela a preto de 1.600 persoas. O foro organizado pola Sociedade Española de Ortodoncia e Ortopedia Dentofacial en colaboración coa USC serviu para profundar en cuestións como o uso da tecnoloxía 3D e a Intelixencia Artificial.
O profesor da USC Juan Carlos Pérez Varela, dende a organziación do foro, amosouse “moi satisfeito” coa boa acollida deste congreso no que se abordaron novas tecnoloxías en ortodoncia, claves biomecánicas, a mellora da expeciencia do paciente, casos complexos en pacientes con crecemento, ou tratamento temperá con aliñadores, entre outros contidos.