Skip to main content

O profesor José María Miranda Boto aborda a incidencia laboral dos algoritmos nun foro europeo

O profesor Miranda Boto abordará as plataformas dixitais na lexislación española e a incidencia laboral dos algoritmos
O profesor Miranda Boto abordará as plataformas dixitais na lexislación española e a incidencia laboral dos algoritmos
O ‘Meeting of the COE-FRA-ENNHRI-EQUINET Collaborative Platform on Social and Economic Rights’ poñerá o foco nos riscos dun uso indebido da IA e o seu potencial impacto negativo nos dereitos sociais e centrará a súa xuntanza na realización dos dereitos sociais na era da dixitalización
Santiago de Compostela

O profesor da área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social, José María Miranda Boto, participa este xoves 28 como conferenciante convidado na décima terceira edición do ‘Meeting of the COE-FRA-ENNHRI-EQUINET Collaborative Platform on Social and Economic Rights’. Trátase dun encontro do Consello de Europa, a Axencia dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea, a Rede Europea de Institucións Nacionais de Dereitos Humanos e a Rede Europea de Organismos de Igualdade, que terá lugar na sede do Parlamento de Finlandia en Helsinqui. 

O profesor Miranda Boto abordará as plataformas dixitais na lexislación española e a incidencia laboral dos algoritmos. De feito, o profesor é autor de diversas publicacións e conferencias sobre esta materia. Entre 2018 e 2021, dirixiu o Proxecto COGENS - Collective Bargaining and the Gig Economy: New Perspectives - VS/2019/0084, financiado pola Unión Europea. A monografía final deste proxecto, no que tomaron parte investigadores de 17 países, foi publicada en seis idiomas, baixo a coordinación de Miranda Boto. 

A Plataforma COE-FRA-ENNHRI-EQUINET está preocupada polos riscos dun uso indebido da IA e o seu potencial impacto negativo nos dereitos sociais e decidiu centrar a súa xuntanza no tema da realización dos dereitos sociais na era da dixitalización. Prestarase especial atención ás repercusións das novas tecnoloxías no mercado laboral, o acceso aos servizos sociais e á protección social e en como garantir unha sociedade dixitalmente inclusiva.
 

The contents of this page were updated on 09.27.2023.