Premios para guións radiofónicos dramáticos en galego.
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación convoca a segunda edición do Concurso de radiodramas en galego, que premia o mellor guión radiofónico dramático en galego presentada por calquera alumno ou grupo de alumnos da USC, estudantes das titulacións de Comunicación Audiovisual impartidas nas restantes universidades galegas así como o das titulacións das escolas oficiais de Imaxe e Son.
Os obxectivos con que convoca este concurso son:
- contribuír á creación dun corpus dramático galego no formato do teatro radiofónico
- promover o uso da lingua galega como vehículo para a creatividade dos estudantes
- premiar os dotes artísticos, lingüísticos e técnicos dos estudantes
O prazo para presentar as propostas, con formato de guión radiofónico dramático escrito e de gravación en arquivo dixital (mp3 ou calquera dos habitualmente utilizados en radio), remata o día 12 de outubro de 2016. Un xurado decidirá e outorgará os premios do certame, dotados con 500 e 400 euros e diploma honorífico.
2016
- Primeiro premio: Co mozo do corazón, de Antonio Mosquera Montoya
- Segundo premio: Peido, de Margarida Rodríguez Tilve
2015
- 1º Premio: Ficticia
- 2º Premio: Psicodrama