Skip to main content

Preséntase en Historia un libro que fai unha lectura iconográfica dos azulexos da igrexa do Convento de Xesús de Setúbal

Preséntase en Historia un libro que fai unha lectura iconográfica dos azulexos da igrexa do Convento de Xesús de Setúbal
Preséntase en Historia un libro que fai unha lectura iconográfica dos azulexos da igrexa do Convento de Xesús de Setúbal

A investigadora do grupo Iacobus da USC Carme López Calderón presenta este venres 30 ás 11:00 horas na Aula 14 da Facultade de Xeografía e Historia o seu libro Grabados de Augsburgo para un ciclo emblemático portugués: los azulejos de la iglesia del Convento de Jesús de Setúbal. No acto estará acompañada do decano Francisco Durán e do coordinador do grupo de investigación, Juan Monterroso.

A igrexa do convento de Jesús de Setúbal decórase en 1781 cun rico programa de emblemática aplicada en 19 paneis de azulexo, dos que se conservan 15, baseados na Eloxia Mariana de A.C. Redelius, publicada de forma póstuma en Augsburgo en 1732. As súas ilustracións, gravadas por M. Engelbrecht sobre invención de C. T. Scheffler, correspóndense coas invocacións da letanía lauretana e codifican as prerrogativas que a Igrexa Católica lle atribúe á Virxe María; non obstante, a súa interpretación non sempre resulta sinxela xa que as imaxes carecen de comentarios explicativos. Este apoio textual si o hai nas dúas obras anteriores das que derivan as súas composicións emblemáticas: a Elogia Mariana de I. Oxoviensis (1700) e o Asma Poeticum de P. Stoergler (1636).

O libro reconstrúe así a confusa xenealoxía da Elogia Mariana de Redelius e ofrece a lectura iconográfica do ciclo azulexar setubalense a partir das claves proporcionadas polos seus referentes impresos.

The contents of this page were updated on 06.29.2017.