Skip to main content

O luns abre o prazo para solicitar unha bicicleta en préstamo

O luns abre o prazo para solicitar unha bicicleta en préstamo
O luns abre o prazo para solicitar unha bicicleta en préstamo

Un ano máis, a Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC (ODS) porá a disposición de toda a comunidade universitaria dos campus de Santiago e Lugo 250 bicicletas. O prazo de solicitude dará comezo o luns, 6 de novembro.

O préstamo de bicicletas, de carácter gratuíto e que comprende todo o curso académico dende mediados de novembro, forma parte do programa de mobilidade do Plan de Desenvolvemento Sostible, dando resposta a unha mellor planificación, xestión e avaliación ambiental da nosa universidade. O uso da bicicleta reduce a nosa pegada ecolóxica, diminuíndo o impacto na contorna e no medio ambiente, facilita a mobilidade na cidade e conciencia á comunidade universitaria da necesidade de apostar por un modelo de mobilidade sostible.

A iniciativa compleméntase cos mapas peonís de Santiago e Lugo, dispoñibles na web da ODS, e co programa Comparte Coche na USC, mediante o cal os membros da comunidade universitaria poden ofertar ou solicitar o uso compartido do vehículo particular a través dunha plataforma virtual.

The contents of this page were updated on 10.31.2017.