Skip to main content

A Orquestra Universitaria convoca o I Premio de Composición da USC

A Orquestra Universitaria convoca o I Premio de Composición da USC
A Orquestra Universitaria convoca o I Premio de Composición da USC

A Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela promove o Premio de Composición Musical da USC, co que fomentar e dar oportunidades á creación musical a estudantado, autodidactas e aspirantes a compositores. A presentación de candidaturas remata o 1 de setembro.

Entre os criterios para poder presentar as obras ao certame figura que deberán ser orixinais e que supoñan unha estrea absoluta, creadas para orquestra amateur e cunha duración de entre 5 e 10 minutos.

No caso de ser seleccionadas, as propostas presentadas serían ensaiadas en aberto e gravadas pola Orquestra da USC, ademais de estreadas dentro das vindeiras Xornadas de Música Contemporánea –p resumiblemente o 12 de novembro– que organizan a USC, o Auditorio de Galicia e o Centro Nacional de Difusión Musical.

The contents of this page were updated on 07.31.2017.