Analizan en Dereito as novidades na disciplina dos actos e do procedemento administrativo
Dirixida polos profesores Luis Míguez Macho e Marcos Almeida, a Facultade de Dereito acolles este xoves 30 unha xornada sobre as novidades na disciplina dos actos e do procedemento administrativo.
A sesión inaugurarana ás 10.00 horas o decano da Facultade, Gumersindo Guinarte, a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, e o profesor Míguez Macho. A continuación intervirá Javier Ferreira, que explicará os requisitos, a eficacia e a invalidez dos actos administrativos, para continuar con outras charlas sobre a notificación e sobre a revisión de oficio e recursos administrativos.
Xa pola tarde terá lugar a mesa redonda ‘Disposicións sobre o procedemento administrativo común’ na que participarán os docentes Marcos Almeida e Andrea Garrido e o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes.
A conferencia de clausura pronunciaraa o catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Cantabria, Luis Martín Rebollo, co título ‘Eduardo García de Enterría: vida e obra. Sobre o seu legado intelectual’.