Skip to main content

Formación

O grupo de traballo do Servizo de Xenética Forense do INCIFOR está integrado dentro do Departamento Universitario de Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses.

Estudantes

Os profesores e doutores do grupo imparten clases en primeiro, segundo e terceiro ciclo das materias de Medicina Xenómica e Molecular, Ética Médica, Medicina Legal na Facultade de Medicina e de Dereito, Lexislación Sanitaria en Enfermería e Técnicas de Investigación Criminal no Grao en Criminoloxía. Así mesmo, todos os doutores integrantes do grupo imparten clases en cursos de doutoramento de calidade como é o de Medicina Molecular en Biomedicina e Ciencias Forenses.

O grupo acolle investigadores provenientes de todo o mundo, sobre todo de Europa, América e menos frecuentemente de África e de Asia, para realizar estancias de investigación e para a realización de teses doutorais (que se defenden ao redor de tres por ano). Todas as teses levaron a máxima cualificación e aproximadamente o 50 % gañaron o Premio Extraordinario de Doutoramento.

Anualmente o grupo organiza talleres, cursos, e ciclos de conferencias en aspectos relacionados coa Xenética Forense e particularmente de estatística e interpretación da proba xenética.

The contents of this page were updated on 04.17.2024.