A súa actividade oriéntase ao desenvolvemento de novos métodos e estratexias para a resolución de cuestións importantes de Patoloxía Forense (data da morte, causa e etioloxía médico-legal da morte, identificación persoal...) e de Clínica Forense (avaliación do dano corporal, violencia de parella...).
Ademais, realiza actividades de investigación en diversos temas de actualidade en ética aplicada á clínica.
Un dos obxectivos actuais do Servizo é o estudo da violencia contra a muller. Para iso impulsáronse iniciativas relacionadas con este tema, como a creación dun grupo de traballo multidisciplinar, con persoal do ámbito xurídico e social, e que deu lugar a varios proxectos de investigación sobre esta cuestión. Así mesmo, formalizouse un convenio de colaboración entre a USC e a Fiscalía de Galicia para unha investigación en profundidade deste problema no noso medio.
Liñas de investigación do grupo
- Avaliación do dano corporal
- Reacción vital e datación da morte
- Violencia de parella
- Identificación médico-legal.
Peritaxes
- Informes e ditames sobre avaliación do dano corporal.
- Informes e ditames sobre Patoloxía Forense.
- Informes e ditames sobre responsabilidade médica no ámbito penal, civil e patrimonial da Administración.
- Training in assessment of personal injury based on biomechanics analysis to improve sustainability and efficacy of the health care system
- PMICALC: programa para estimar a data da morte. PMICALC (2010): «An R code-based software for estimating postmortem interval (PMI) compatible con Windows, Mac e Linux operating Systems». Forensic Science International, 194: 49–52.
- IPMICALC: Integrated Post Mortem Interval Calculator. Based on models implemented in:
- Cordeiro, C.; Ordoñez-Mayán, L; Lendoiro, E.; Febrero-Bande, M.; Vieira, D.N. & Muñoz-Barús, J.I. (2019). «A reliable method por estimating the postmortem interval from the biochemistry of the vitreous humor, temperature and body weight». Forensic Science International, 295: 157-168.
- Muñoz-Barús, J.I.; Febrero-Bande, M. & Cadarso-Suárez, C. (2008): «Flexible regression models for estimating postmortem interval (PMI) in forensic medicine». Statis. Med., 27: 5026-5038.
- COMPCALC: programa para calcular a indemnización por secuelas tras un accidente de tráfico.