Skip to main content

A iraní Parvaneh Sayyad-Amin remata a súa estadía no Campus Terra cunha presentación da oferta da Universidade de Teherán

A investigadora especializada en procesos de desertificación traballou no último semestre da man de Agustín Merino sobre a recuperación de solos incendiados

A investigadora da Universidade de Teherán Parvaneh Sayyad-Amin, que recalou hai preto de seis meses na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC a través do programa Erasmus Mundus action 2 Marhaba, ofrecerá este xoves, a partir das 13.00 horas, na Aula 17 da EPS, un relatorio de presentación da oferta académica e das liñas de investigación da Universidade de Teherán.

A doutora Parvaneh Sayyad-Amin, especializada en agricultura medioambiental e cuestións relacionadas cos procesos de desertificación, aproveitou a súa estadía no Campus Terra da USC para afondar nos estudos e nas investigacións sobre restauración e recuperación de solos incendiados da man de Agustín Merino, profesor do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC e integrante do grupo de investigación Unidade de Xestión Forestal Sostible (UXFS).

The contents of this page were updated on 03.15.2017.