Skip to main content

97. Obxectos de onte e de hoxe: ladrairos e laterais

Un idioma preciso

Cando falamos de castelanismos en galego, sempre nos veñen á cabeza os exemplos clásicos do obxecto que ten un nome autóctono na súa versión artesá (billavasoiratixola…) pero que, na súa versión industrial, trae pegada a denominación castelá (*grifo, *escoba, *sartén…).

Este tipo de intromisións do castelán no léxico galego son máis difíciles de detectar cando a palabra foránea tamén se emprega en galego, aínda que designando –é claro– un concepto diferente. E canto máis próximo estean eses dous conceptos, máis doada será a contaminación.

Isto é o que pasa cos ‘paneis fixos ou abatibles que cerran lateralmente unha plataforma de carga e permiten aumentar a súa capacidade’. En castelán coñécense co nome de lateral.[1] E como en galego esta palabra ten un significado cuxos trazos semánticos coinciden parcialmente, que comece a funcionar como denominación deste novo concepto parece case natural.

Pero un obxecto con esa mesma función e de forma moi semellante leva centos de anos empregándose no medio rural galego, onde se coñece co nome de ladrairoladral ou caínza.

Máis alá de diferenzas menores en canto a formas e materiais, parece que a identidade básica entre as dúas estruturas e evidente. E nesas circunstancias, ¿non sería mellor defender a transferencia da denominación tradicional ao obxecto moderno, igual que ocorreu no mesmo ámbito do transporte con pina (que pasou de aquí a aquí) ou con chumaceira (desde aquí ata aquí)?

 

Nós pensamos que si. E por iso apostamos por traer os ladrairos e os sobreladrairos desde os carros do país ata os remolques dos tractores e as caixas dos camións, e por desbotar o emprego de lateral para este concepto.

 

----------------------------------

[1] Cando sobre un deles se coloca un segundo, fálase de sobrelateral.

The contents of this page were updated on 11.16.2023.