Skip to main content

93. Torbóns que caen en tromba

Un idioma preciso

Neste final de maio toleirán que estamos vivindo, as inundacións e arroiadas afectaron diferentes puntos de España e tamén áreas concretas do norte da provincia de Lugo. Por iso, levamos varios días oíndo falar abondosamente nos medios de comunicación das trombas de auga que as provocaron.

Segundo a RAG, esta palabra designa en galego unha chuvia intensa e súbita que pode ir acompañada de vento e que adoita ter pouca duración, fenómeno tamén coñecido – en realidade deberiamos dicir máis coñecido– como torboadatorbóntreboada ou trebón.[1] Pero ademais, emprégase para referirse a un fenómeno meteorolóxico moito de fronteiras mellor definidas, semellante a un tornado pero formado no mar, coñecido en inglés como spout ou waterspout, en portugués como tromba de água ou tromba marinha e en castelán como tromba de agua ou tromba marina.

O emprego de tromba con este segundo sentido parece bastante xustificado –salvo que exista unha outra denominación patrimonial para ese fenómeno atmosférico– por permitira a harmonización coas formas das linguas veciñas no ámbito especializado da meteoroloxía. Pero no caso do primeiro, que está de a cabalo entre a linguaxe técnica e a común, xa temos algunha dúbida máis.

Sen entrar a discutir se a existencia de tromba pode explicarse en galego sen recorrer ao influxo do castelán –etimólogos tiene la Iglesia–o o o o o o o o o o , o certo é que se consultamos as denominacións que se citan no volume 4 do Atlas lingüístico galego para o concepto “torbón” veremos que tromba só aparece rexistrado nun punto, concretamente en Boal, no occidente de Asturias. Pola contra, na Galicia administrativa o Atlas documenta formas como torbóntrebónbátegaballónchaparrón… ou variantes fonéticas delas.

Pero amais, se consultamos estas formas en dicionarios galegos poderemos comprobar que a acepción de tromba como ‘chuvia intensa e súbita’ non se recolle ata épocas moi recentes –d igamos que os últimos 20 ou 30 anos. Porén, significados moi semellantes atribúenselle trebóntorbónballón… desde finais do séc. xix ou comezos do xx.

Despois das pistas que acabamos de apuntar, non nos atrevemos a dicir que tromba sexa un castelanismo que cumpra evitar, pero si nos parece que o seu alto índice de emprego está influenciado pola coincidencia coa forma desta lingua.

Por iso, pensamos que sería aconsellable potenciar o emprego de calquera das denominacións alternativas, que os falantes sentimos como máis auténticas, e ir confinando tromba a un lugar máis secundario.

 

----------------------------------

[1] Noutros dicionarios, estas denominacións aluden tamén a unha ‘perturbación violenta da atmosfera na que se producen tronos acompañados de descargas eléctricas’, fenómeno que o dicionario da RAG designa como tormenta ou temporal (aínda que nesta última entrada non se dá como sinónimo tormenta).

The contents of this page were updated on 11.16.2023.