Skip to main content

74. Anglicismos de matute: a *xentrificación

Un idioma preciso

Tanto no ámbito do urbanismo como no da socioloxía está comezando a acadar presenza pública a denominación xentrificación, que designa o ‘anovamento, reconstrución e revalorización económica que vive un barrio degradado ou habitado por poboación con rendas medias ou baixas, cando as clases medias-altas comezan a adquirir e ocupar vivendas nel, desprazando ás veces aos habitantes tradicionais, o que acaba producindo cambios na composición social da poboación, nas actividades comerciais, etc.’

Trátase dunha forma paralela ao gentrificação do portugués, ao gentrificación do castelán ou ao gentrification do francés, todas elas simples adaptacións gráficas do inglés gentrification. Nesta lingua, ese substantivo formouse a partir de gentry,[1] nome co que se coñece unha clase social inglesa do Antigo Réxime, situada xusto por debaixo da aristocracia na pirámide estamental.

Todas estas denominacións –maioritarias no uso real– rompen a relación que debería existir co significado do termo, que resulta imposible de deducir a partir daquelas. Por iso, en todas esas linguas propoñen nomes alternativos, partindo de substantivos propios que tiñan significados semellantes ao gentry inglés:

Tendo en conta isto, e aproveitando o feito de que a xentrificación ten aínda moi pouca presenza en galego –non se documenta en Internet, por exemplo–[3], pensamos que estamos a tempo de evitar a importación da denominación inglesa (por moito que se vista co -x- para parecer galega), e de apostar por denominacións como aburguesamentoelitización ou ennobrecemento.

----------------------------------

[1] En realidade esta denominación é adaptación dun galicismo derivado de gentil.

[2] No Quebec, o anglicismo é un termo desaconsellado.

[3] Pola contra, si aparece o castelanismo gentrificación nalgúns textos escritos en galego.

The contents of this page were updated on 11.17.2023.