Proxección do filme colaborativo ‘Visións’
A penúltima sesión do ciclo ‘A outra mirada: Cinema e Muller’ que organizan alumnas de Ciencias da Comunicación contempla a proxección de ‘Visións’, un filme colaborativo dirixido por Xisela Franco e producido por Beli Martínez. Nesta ocasión contarase coa presenza de Andrea Zapata, directora dunha das dez curtas que forman a película.
Na cinta que poderá verse ás 18.00 horas no visionado 3 da facultade, unha iniciativa que vai dende a investigación e a teoría ata a práctica da produción cinematográfica, mulleres da provincia de Pontevedra únense co fin de dar un exemplo do que se pode facer para fomentar os discursos creados por nós.