Skip to main content

Aberto ata o 15 de decembro o prazo para presentar candidaturas ao Programa Iacobus

O Programa IACOBUS ten como obxectivo principal fomentar a cooperación e o intercambio entre os recursos humanos de Universidades. Imaxe de arquivo dun laboratorio da USC. FOTO: Santi Alvite
O Programa IACOBUS ten como obxectivo principal fomentar a cooperación e o intercambio entre os recursos humanos de Universidades. Imaxe de arquivo dun laboratorio da USC. FOTO: Santi Alvite
PDI, PAS e persoal investigador pre e post doutoral pode concorrer ás modalidades de estadías de investigación e publicacións científicas
Lugo, Santiago de Compostela

A Fundación CEER Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal, no que participa a USC, acaba de abrir ata o 15 de decembro o prazo de presentación de candidaturas para o Programa IACOBUS 2023/24, nas modalidades de estadías de investigación e publicacións científicas. A convocatoria diríxese ao Persoal Docente e Investigador (PDI), persoal investigador pre e post doutoral e Persoal de Administración e Servizos (PAS) pertencentes a institucións de Ensino Superior da Eurorrexión.

O Programa IACOBUS ten como obxectivo principal fomentar a cooperación e o intercambio entre os recursos humanos de Universidades, outras institucións de ensino superior e centros tecnolóxicos da Eurorrexión, promovendo sinerxías e facilitando o reparto e o desenvolvemento conxunto de actividades formativas, de investigación e de divulgación.

The contents of this page were updated on 11.17.2023.