Skip to main content

Novas identidades e tecnoloxías, na IV Olimpíada Filosófica de Galicia

Novas identidades e tecnoloxías, na IV Olimpíada Filosófica de Galicia
Novas identidades e tecnoloxías, na IV Olimpíada Filosófica de Galicia

Logo da realización do primeiro exercicio presencial, este venres 17 desenvolverase na Facultade de Filosofía a segunda proba da Olimpíada Filosófica de Galicia para estudantes de secundaria. Ás 11.00 horas, os rapaces e rapazas presentarán en defensa pública os exercicios preseleccionados na modalidade de disertación e debate moral así como as mellores fotografías e curtas de vídeo, este ano en torno ao tema ‘Novas identidades e tecnoloxías’.

A mañá rematará coa representación de ‘Academia de Platón’ por parte do grupo Teiroa Teatro, formado por alumnos do IES Melide. Xa ás 16.00 horas, Alejandro Casal Barreiro e Gonzalo Feijoo Fernández conducirán o obradoiro ‘Interactuando. Intelixencia artificial e mundo virtual’ e unha hora máis tarde terá lugar a conferencia ‘Poderán os robots chegar a ser considerados persoas?’ do profesor da Facultade de Filosofía Alejandro Sobrino. Ao remate, entregaranse os premios.

The contents of this page were updated on 03.16.2017.