Skip to main content

As segundas xornadas de diversidade sexual dende a educación reflexionan sobre a transexualidade

As segundas xornadas de diversidade sexual dende a educación reflexionan sobre a transexualidade
As segundas xornadas de diversidade sexual dende a educación reflexionan sobre a transexualidade

As segundas Xornadas sobre diversidade sexual na educación celébranse este venres 17 co lema ‘ Unha oportunidade para trans*formar a sociedade’ e organizadas pola Facultade de Ciencias da Educación. A inauguración contou coa participación do vicerreitor de Comunicación e Coordinación, Xosé Pereira; da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concepción Fernández Fernández; da decana da facultade, Carmen Fernández Morante; do presidente da Asociación Amizando, Andrés Domínguez Durán; do coordinador da Asociación Ultreia LGTBI, Alberto Hernández Platero; e da presidenta da Asociación Arelas, Cristina Palacios.

O programa arrancou coa mesa interxeracional titulada ‘Vidas vivibles, experiencias de xénero disidentes: a revolución trans’, coa participación de Kim Pérez (por videoconferencia), Laura Bugalho, Sara Romero, Hugo Pérez, Pablo San José, moderados/as por Carmen Fernández Morante. Seguiulle un relatorio sobre ‘Acompañamento versus patoloxización: experiencia Transit’ da man de Rosa Almirall, xinecóloga e cofundadora de Tránsit, e de Soraya Vega, psicóloga e integrante de Tránsit.

A xustiza ante o dereito a ser é o tema que dá continuidade á xornada pola tarde, a partir das 16.30 horas. Toman a palabra o xurista e investigador da USC Miguel Vieito, profesional encargado de redactar a solicitude que permitiu modificar o sexo e nome do primeiro menor trans galego; a avogada Pilar García Puertas, para aludir ao acoso escolar neste ámbito; e María Lucía Girón Conde, da Fiscalía Provincial de Lugo, moderados pola valedora do Pobo, Milagros Otero Parga.

Na clausura desta xornada, ás 18.30 horas, interveñen a secretaría xeral de Igualdade, Susana López Abella; a valedora do Pobo, Milagros Otero; a vicepresidente da Deputación da Coruña, María Goretti Sanmartín Rei; e a decana Carmen Fernández Morante.

The contents of this page were updated on 03.17.2017.