Skip to main content

A oferta académica e de servizos que presta a USC a estudantes e ás súas familias esperta interese na Mariña

Participantes na sesión informativa impartida por Maite Flores e Javier Rico en Burela
Participantes na sesión informativa impartida por Maite Flores e Javier Rico en Burela
A xornada informativa ‘Pasos clave do estudantado e das familias, da educación secundaria e a Formación Profesional á Universidade’, promovida en colaboración con Pescados Ruben Burela FS cita máis dun centenar de persoas
Lugo

A xornada ‘Pasos clave do estudantado e das familias, da educación secundaria e a Formación Profesional á Universidade’, promovida pola institución académica compostelá en colaboración con Pescados Rubén Burela FS, e impartida pola delegada do Reitor para Ensino Medio na USC, Maite Flores Arias, e polo delegado do Reitor para Deportes na USC, Javier Rico, congregou este xoves máis dun centenar de persoas en Burela.

A sesión, desenvolvida no salón de conferencias do Concello de Burela e orientada especialmente a nais e pais, estudantado e docentes, serviu para abordar, entre outras cuestións, aspectos relacionados coa oferta de titulacións da USC, así como sobre as probas de acceso a estudos universitarios (Abau), servizos de residencias universitarias, voluntariado e mesmo respecto da oferta cultural e deportiva que a USC pon a disposición da comunidade estudantil.

The contents of this page were updated on 11.24.2023.