Skip to main content

A Oficina de Cursos Internacionais da USC busca familias compostelás que acollan estudantado estranxeiro

As familias interesadas en participar como acolledores deben poñerse en contacto coa Oficina de Cursos Internacionais. Imaxe de arquivo de alumnado polo campus. FOTO: Santi Alvite
As familias interesadas en participar como acolledores deben poñerse en contacto coa Oficina de Cursos Internacionais. Imaxe de arquivo de alumnado polo campus. FOTO: Santi Alvite
As familias interesadas deberán ofrecer unha habitación individual en réxime de pensión completa ou media pensión e será retribuídas segundo o período de estadía
Santiago de Compostela

A Oficina de Cursos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela coordina un programa de aloxamento en familias para alumnado estranxeiro que estuda en Santiago en distintos períodos ao longo de todo o ano. 
 
Unha das opcións de aloxamento ofertada ás persoas participantes é a de permanecer cunha familia compostelá ao longo da súa estadía na cidade. Neste senso, para as familias de acollida, o programa consiste en recibir a un estudante durante o tempo que se prolongue o seu curso (cun mínimo de dúas semanas) e darlle a oportunidade de integrarse, na medida do posible, na vida familiar. O alumnado deberá dispoñer dunha habitación individual en réxime de pensión completa ou media pensión. As familias serán retribuídas segundo o período da estadía. A localización do aloxamento debe ser en Santiago cidade. 
 
As familias interesadas en participar como acolledores deben poñerse en contacto coa Oficina de Cursos Internacionais (Avda das Ciencias, chalet nº 3. Campus Sur. Santiago de Compostela) ou tamén de xeito telefónico no número 881 814 423 ou tamén a través da conta de correo electrónico cursos.internacionales [at] usc.es (cursos[dot]internacionales[at]usc[dot]es)  (Á atención de Lola). 
 

The contents of this page were updated on 11.27.2023.