Skip to main content

Fondo pesar na USC polo pasamento da profesora Lucía Iglesias da Cunha

A Universidade de Santiago de Compostela manifestou o seu fondo pesar polo pasamento. FOTO: Santi Alvite
A Universidade de Santiago de Compostela manifestou o seu fondo pesar polo pasamento. FOTO: Santi Alvite
A docente pertencía ao grupo de investigación Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) da Facultade de Ciencias da Educación
Santiago de Compostela

A USC manifesta o seu fondo pesar polo pasamento da profesora da área de Teoría e Historia da Educación, Lucía Iglesias da Cunha, e súmase á dor da súa familia e amizades. Finada este luns 27, a docente pertencía ao grupo de investigación Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) da Facultade de Ciencias da Educación. 

A profesora da Cunha doutorouse en 1998 coa tese titulada ‘A educación ambiental na administración pública local: dez estudios de caso en Galicia’, dirixida polo profesor José Antonio Caride Gómez. Na actualidade, impartía a materia ‘Xénero e Educación Social’ no mestrado universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario. 

The contents of this page were updated on 11.28.2023.