A USC obtén o segundo posto nos Xogos Galaico Durienses
O equipo da USC acaba de obter o segundo chanzo na clasificación xeral da trixésimo cuarta edición dos Xogos Galaico Durienses que tiveron lugar en Porto. Esta é unha competición deportiva universitaria singular na que participan, dende 1993, deportistas das universidades do norte de Portugal (Minho, Porto, Trás-os-Montes e Alto Douro) e das tres universidades públicas galegas.
A Universidade de Santiago de Compostela desprazou á competición un total de 30 deportistas, ademais dos adestradores Tino Arce e Víctor Pazos, persoal da Área Deportiva e o delegado do reitor para o Deporte, Javier Rico. A USC obtivo o primeiro posto en fútbol e o segundo, en xadrez. En bádminton, quedou cuarta e terceira en tenis de mesa. Todas as modalidades deportivas da competición son mixtas.