Desmontando os mitos da doazón de medula, tema dunha conferencia en Bioloxía
Unha conferencia este mércores 22 servirá de punto de partida para o debate arredor do tema ‘ Desmontando os mitos da doazón de medula’, a partir das 20.00 horas na Aula Magna da Facultade de Bioloxía e organizada pola asociación de estudantes Bota e Bata deste mesmo centro compostelán.
Na sesión intervirán o profesor da Facultade de Medicina José Luis Bello López e representantes da Asociación Galega de Transplantados de Médula Ósea (Asotrame).