Skip to main content

As Faíscas Culturais acenden a reflexión arredor da Psicoloxía Ambiental

As Faíscas espállanse para afondar na exploración de como a "ansiedade climática" está a calar nas investigacións de artistas 'millenial'
As Faíscas espállanse para afondar na exploración de como a "ansiedade climática" está a calar nas investigacións de artistas 'millenial'
Esta nova vaga de intervencións céntrase na exploración de como a "ansiedade climática" está a calar nas investigacións de artistas 'millenial' de Galicia e do norte de Portugal en aulas abertas e conversas que percorren varios dos centros da USC
Santiago de Compostela

A Facultade de Psicoloxía acolleu este mércores 29 unha nova Faísca Cultural procedente da vaga ‘Un rastro de furia e algas’ coa que se pretende que o estudantado poña o foco no cambio climático e reflexione arredor das súas consecuencias. Este evento consistiu nun concurso que, a través de pílulas informativas, permitiu aos participantes aprender conceptos de psicoloxía ambiental mentres gozaban dunha experiencia divertida e educativa.

As Faíscas espállanse para afondar na exploración de como a "ansiedade climática" está a calar nas investigacións de artistas 'millenial' de Galicia e do norte de Portugal en aulas abertas e conversas que percorren varios dos centros da USC e se complementan cunha exposición coordinada por Federico López Silvestre que pode visitarse no Colexio de Fonseca. A mostra ‘Un rastro de furia e algas’ pode visitarse ata o 27 de xaneiro.

As faíscas son partículas que se desprenden dun corpo que arde. A partir deste concepto, a USC lanzou o pasado curso un novo proxecto artístico-pedagóxico co que se logrou que o “lume” das manifestacións culturais e artísticas saltase ata as aulas universitarias e prendese a través da reflexión no estudantando inseríndose no seu currículo académico. As Faíscas pretenden conectar o que a USC realiza no eido cultural e artístico co que se está estudando nas aulas e forman parte da programación do Outono Cultural integrado por un amplo e diverso abano de actividades no que música, teatro, danza, exposicións, faladoiros, cursos ou propostas audiovisuais danse a man.

O acto desenvolveuse na Facultade de Psicoloxía
O acto desenvolveuse na Facultade de Psicoloxía
The contents of this page were updated on 12.04.2023.