O Servizo de identificación centralizado da USC permite unificar e simplificar os controis de acceso nas aplicacións da USC. Este servizo é o punto de acceso único ás zonas privadas das aplicacións.
Manual de uso
1. Descrición do Servizo
O Servizo de identificación centralizado da USC permite unificar e simplificar os controis de acceso nas aplicacións da USC. Este servizo é o punto de acceso único ás zonas privadas das aplicacións. O funcionamento do servizo é o seguinte:
- As páxinas web, aplicacións ou servizos que precisan identificar ás persoas amosarán o formulario de acceso do Servizo de Identificación Centralizado, que nos solicitará o nome de usuario e a chave de paso.
- Unha vez comprobado que os datos son correctos seremos redirixidos de volta ao lugar ao que estabamos intentando acceder.
- Se non pechamos o navegador e tentamos acceder a outra aplicación dende outra pestana ou dende nunha nova ventá do navegador (aberta dende a opción do menú “Arquivo-Nova ventá”) xa non se nos solicitarán os datos de acceso de novo.
- Se saímos da aplicación mostrarase unha mensaxe do Servizo de Identificación Centralizado indicando que acabamos de pechar a sesión, polo que en posteriores conexións solicitarásenos o de novo o nome de usuario e a chave de paso.
IMPORTANTE: Para evitar accesos non desexados, cando rematemos de traballar nunha aplicación web, é importante pechar todas as ventás do navegador.
2. Descrición da pantalla de validación de usuarios
- O nome de usuario e o contrasinal son datos comunicados no momento da alta nos sistemas de información da USC. Contacte co CAU en caso de non lembrar algún dos datos.
- A caixa "Avisarme antes de abrir unha sesión noutras aplicacións" permite que o sistema nos lembre que xa estamos validados. Se non a marcamos o sistema dará acceso inmediato á seguinte aplicación que utilicemos sen proporcionar ningún aviso.