O Centro de Atención a Usuarios/as (CAU) centraliza as consultas solicitudes de información.
Pódese contactar co CAU a través das seguintes canles:
- Cubrindo o formulario para notificar incidencias
- Chamando aos números de teléfono dispoñibles en horario de luns a venres de 8 a 22 horas :
881 811 000 - extensión 55555
982 285 900 - extensión 55555 - Enviando un correo electrónico a cau [at] usc.gal (cau[at]usc[dot]gal), incluíndo os seguintes datos obrigatorios: (nome, centro, departamento, teléfono e número de roseta)
A Área de atención a usuarios, a través do sistema de atención centralizada, organiza e distribúe os recursos necesarios para a execución das accións e programacións relativas aos usuarios, así tamén, controla o correcto funcionamento dos sistemas microinformáticos, esta atención lévase a cabo nas instalacións onde se encontren os equipos ou nas dependencias físicas da ATIC.
Equipos Informáticos aos que se oferta a asistencia técnica:
- Asistencia técnica para a resolución de problemas software, desde sistema operativo ata aplicacións e programas ofimáticos e corporativos. O soporte está limitado ás aplicacións corporativas de xestión e aos programas subministrados polos diferentes acordos de licenza xestionados pola Área TIC , sempre que sexa a Área a responsable delas. Non se da soporte en aplicacións de servidor ou Unix.
- Asistencia técnica para a resolución de problemas nos equipos de usuarios, sempre que ditos equipos pertenzan á USC. Desenvólvese o diagnóstico da incidencia e repárase, sendo o custo por conta do usuario.
A comunicación das incidencias pódese facer:
- A través do Formulario para notificar incidencias.
Deste xeito a incidencia é procesada inmediatamente as 24 horas do día. O tempo de resposta dependerá da carga de traballo dos técnicos asignados a ela. - Por vía telefónica, de xeito excepcional, a través do teléfono 55555 en horario de 8 a 22 horas. Unha vez comunicada a incidencia seguirá o proceso equivalente a ser dada de alta a través da aplicación web