Skip to main content
O uso dunha única conta para validarse en todos os servizos facilita o acceso aos mesmos aos usuarios e reduce o número de incidencias derivadas da confusión que producen múltiples credenciais para identificar ao mesmo usuario.

Un único punto de acceso para todos os servizos é máis cómodo pero ao mesmo tempo é máis perigoso se non se teñen en conta unhas medidas básicas de seguridade. Ao ter unha soa conta, se esta vese comprometida, todos os servizos que dependen dela se verán comprometidos: o noso correo electrónico, o acceso ao noso expediente, etc.

Por iso é necesario seguir unhas recomendacións básicas:

  • Nunca comunique a súa chave de paso a ninguén. O administrador do sistema non a necesita para ningún tipo de xestión ou tarefa de mantemento.
  • Solicite o dobre factor de autenticación.
  • Troque a chave de paso periodicamente e sempre que sospeite que puidera verse comprometida.
  • Comprobe sempre que a aplicación ou páxina web na que vai a utilizar a chave de paso é a que debe ser.
  • Non utilice chaves de paso triviais. Débense utilizar combinacións de letras e números que non se poidan deducir doadamente.
The contents of this page were updated on 01.29.2025.