A cineasta galega residente en Barcelona Diana Toucedo mostra na USC o seu traballo En todas as mans
A cineasta galega residente en Barcelona Diana Toucedo participa este martes 28 no ciclo ‘A outra mirada-Cinema e Muller', que remata coa proxección do seu traballo En todas as mans, no que se achega a comunidades buscando historias persoais que mobilizan e crean proxectos ao marxe da norma, cunha repercusión social, política, económica, medioambiental e cultural sen comparación en Galicia.
A directora da cinta impartirá antes da película unha aula sobre as formas de creación no cinema documental. A sesión comezará no Visionado 3 de Ciencias da Comunicación ás 16:30 horas coa aula, para continuar ás 18:00 coa proxección.