Skip to main content

O iMATUS abre unha nova canle de diálogo cos sectores industriais estratéxicos no eido da ciencia de materiais

Foto de familia cos participantes na sesión
Foto de familia cos participantes na sesión
Este é o principal obxectivo da primeira edición do Encontro Instituto de Materiais–Industria co que se pretende “contribuír a intensificar as relacións co sector produtivo”, destaca a directora do centro, Carmen Álvarez
Santiago de Compostela

O Instituto de Materiais da USC (iMATUS) acaba de abrir unha nova canle de diálogo con sectores industriais estratéxicos para as liñas de investigación do centro. Este é o principal obxectivo da primeira edición do Encontro iMATUS – Industria que se desenvolveu este xoves 21 e co que se pretende “contribuír a intensificar as relacións co sector produtivo”, destaca a directora do iMATUS, Carmen Álvarez.

Alejandro Souto de Ferroglobe Innovation, María Xosé Fernández López de Grupo Sargadelos, Enrique Espí Guzmán de REPSOL Technology Lab, Margarita Hermo Figueira de Asociación Gallega de Empresa Familiar, Marcos Lomba Suárez de Ceramic Powders, Alicia Piñeiro Redondo de Galaria,  Eugenia Puentes Colorado do Grupo Zendal, Luis Rey Rañó de Fundiciones Rey e Cecilia Trancón Loureiro de Caolines de Vimianzo integraron a listaxe de participantes no foro.

Durante o encontro debatéronse iniciativas de colaboración e transferencia no ámbito da ciencia e tecnoloxía dos materiais. Ademais dos representantes da industria e os membros do iMATUS, contouse coa participación de Emilio Martínez Rivas, director da área de Promoción e Estratexia Científica da USC. Un coloquio final pechou a sesión.

Durante o encontro debatéronse iniciativas de colaboración e transferencia no ámbito da ciencia e tecnoloxía dos materiais
Durante o encontro debatéronse iniciativas de colaboración e transferencia no ámbito da ciencia e tecnoloxía dos materiais
The contents of this page were updated on 12.22.2023.