Skip to main content

A Olimpíada Matemática Galega reúne 150 estudantes que compiten para acceder á fase estatal da competición

Nestas probas, o estudantado participante enfróntanse a seis problemas. FOTO: Santi Alvite
Nestas probas, o estudantado participante enfróntanse a seis problemas. FOTO: Santi Alvite
A Facultade de Matemáticas acolle esta proba na que “o enxeño e a creatividade xogan un papel importantísimo”, tal e como explican dende a organización deste evento dirixido a bacharelato e segunda etapa da ESO
Santiago de Compostela

As probas da Olimpíada Matemática Galega 2024 desenvólvense este venres 19, na Facultade de Matemáticas da USC, coa participación de 105 mozos e 45 mozas de bacharelato e da segunda etapa da ESO que compiten por ocupar os tres postos do equipo galego para a fase estatal da LX Olimpíada Matemática Española, que terá lugar en Calatayud o vindeiro mes de marzo.

Nestas probas, o estudantado participante enfróntanse a seis problemas “nos que o enxeño e a creatividade xogan un papel importantísimo cara á súa resolución”, explican dende a organización que corre a cargo da Asociación Eduardo García-Rodeja, que honra a quen se encargou durante 35 anos das probas en Galicia.

Os exercicios a nivel estatal son organizados pola Real Sociedade Matemática Española e teñen por obxecto a selección do equipo que representará a España nas competicións internacionais, a International Mathematical Olympiad e a Olimpíada Iberoamericana de Matemáticas, así como a European Girl Mathematical Olympiad.

 

The contents of this page were updated on 01.19.2024.