Xestión Académica publica a relación de prazas vacantes de mestrado para o segundo semestre

Contén titulacións con autorización por parte do persoal coordinador e prazas dispoñibles para matricular materias de só segundo semestre neste curso académico 2023/24
Lugo,
Santiago de Compostela
O Servizo de Xestión Académica acaba de publicar a listaxe de prazas vacantes de mestrado que contan con autorización por parte do persoal coordinador e prazas dispoñibles para matricular materias de só segundo semestre neste curso académico 2023/24.
As solicitudes de admisión e matrícula poderán realizarse a través da secretaría virtual no prazo establecido na convocatoria de matrícula entre o 30 de xaneiro (10.00 horas) e o 6 de febreiro (23.59 horas). A asignación de prazas producirase por orde de matrícula.