Skip to main content

Actualizada a guía de axuda para a convocatoria de sexenios de investigación

Imaxe: Unsplash
Imaxe: Unsplash
O prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria de sexenios de investigación da CNEAI-ANECA (2024) abrangue do 13 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2025.

A BUSC pon a disposición do PDI unha guía informativa para facilitar a solicitude dos sexenios de investigación que, como cada ano, convoca a CNEAI- ANECA. Neste recurso recóllense as principais novidades de cada convocatoria que, desta vez, trata de afianzar os cambios xa producidos na convocatoria de 2023. O prazo de presentación permanecerá aberto do 13 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2025.

A actual convocatoria pretende continuar co pulo ao acceso aberto das publicacións, datos, códigos e metodoloxías. O acceso libre e gratuíto  deberá fomentarse mediante o desenvolvemento de repositorios institucionais ou temáticos de acceso aberto, propios ou compartidos. Para cumprir con este requirimento, a USC pon á disposición do seu PDI o repositorio institucional Minerva e a colección da USC en Zenodo.

Que son?
Un sexenio de investigación é o recoñecemento da actividade investigadora do persoal docente e investigador, funcionario e interino, de Universidades públicas e de organismos públicos de investigación da Administración Xeral do Estado (AXE), durante un periodo de 6 anos, consecutivos ou non.

Esta avaliación realizase a través da CNEAI, Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora, integrada na ANECA (Agencia Nacional de Evaluación de Calidad y Acreditación).

Para a avaliación das solicitudes a CNEAI solicita o asesoramento da comunidade científica, a través de Comités asesores e persoas especialistas por campos científicos, cuxa relación publícase cada ano.

  • Podes acceder a guía da BUSC picando aquí.
     
  • Se precisas máis información podes consultar a páxina web da Aneca onde atoparás un apartado dedicado aos sexenios de investigación.
The contents of this page were updated on 01.14.2025.