Dispoñible a guía de axuda para a convocatoria de sexenios de investigación
A BUSC pon a disposición do PDI unha guía informativa para facilitar a solicitude dos sexenios de investigación que, como cada ano, convoca a CNEAI- ANECA. Neste recurso recóllense as principais novidades desta convocatoria derivadas da entrada en vigor da Lei Orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do Sistema Universitario, e do Real Decreto 678/2023, do 18 de xullo, polo que se regula a acreditación estatal para o acceso aos corpos docentes universitarios . O prazo de presentación permanecerá aberto do 22 de xaneiro ao 12 de febreiro de 2024.
Entre estas novidades destaca ampliación do tipo de achegas susceptibles de avaliación, respetando a especificidade de cada disciplina científica. Tamén se pretende favorecer o acceso aberto das publicacións, datos, códigos e metodoloxías. O acceso libre e gratuíto deberá fomentarse mediante o desenvolvemento de repositorios institucionais ou temáticos de acceso aberto, propios ou compartidos.
Que son?
Un sexenio de investigación é o recoñecemento da actividade investigadora do persoal docente e investigador, funcionario e interino, de Universidades públicas e de organismos públicos de investigación da Administración Xeral do Estado (AXE), durante un periodo de 6 anos, consecutivos ou non.
Esta avaliación realizase a través da CNEAI, Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora, integrada na ANECA (Agencia Nacional de Evaluación de Calidad y Acreditación).
Para a avaliación das solicitudes a CNEAI solicita o asesoramento da comunidade científica, a través de Comités asesores e persoas especialistas por campos científicos, cuxa relación publícase cada ano.
- Podes acceder a guía da BUSC picando aquí.
- Se precisas máis información podes consultar a páxina web da Aneca onde atoparás un apartado dedicado aos sexenios de investigación.