Os contribuíntes do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas terán dereito a deducir da cota íntegra o resultado de aplicar á base da dedución correspondente ao conxunto de doazóns con dereito a dedución, a seguinte escala:
Base de dedución |
Porcentaxe de dedución |
Doazóns á USC de ata 250 euros |
80% |
|
Resto da base de dedución |
40% |
45% * |
Dedución adicional da Comunidade Autónoma de Galicia para persoas físicas:
Así mesmo, o Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, contempla unha dedución adicional para persoas físicas. O artigo 5 apartado doce da citada norma, recolle unha dedución nas doazóns con finalidade en investigación e desenvolvemento científico e innovación tecnolóxica:
“Os contribuíntes poderán deducir da cota íntegra autonómica do imposto o 25 %, ata o límite do 10 % de dita cota, dos donativos monetarios que fagan a favor de centros de investigación adscritos a universidades galegas e dos promovidos ou participados pola Comunidade Autónoma de Galicia que teñan por obxecto o fomento da investigación científica e o desenvolvemento e a innovación tecnolóxicos (...)”.
Deste xeito, a combinación da dedución estatal e autonómica, cando se cumpran os requisitos legalmente previstos, poderá elevar a dedución no IRPF ata o 100 % das cantidades doadas.
*Se nos dous períodos impositivos inmediatos anteriores se realizaron donativos, doazóns ou achegas con dereito a dedución en favor da Universidade de Santiago de Compostela, sendo o importe do donativo, doazón ou achega deste exercicio e do período impositivo anterior, igual ou superior, en cada un deles, ao do exercicio inmediato anterior.