Pasar al contenido principal

Doazóns á difusión científica de tipo xeral

Unha das misións da universidade é fomentar a cultura científica entre a cidadanía, comunicando as actividades de investigación que realiza en prol dun desenvolvemento sustentábel da sociedade, con especial atención ao fomento das vocacións no ensino primario e secundario nas cinco grandes áreas de coñecemento: Arte e Humanidades, Ciencias Socias e Xurídicas, Ciencias da Saúde, Ciencias Experimentais e Enxeñaría.

Imaxe representativa

Obxectivos propostos

Potenciar o programa A Ponte, con especial fincapé nas Charlas Temáticas nos Institutos de Ensino Secundario sobre as actividades de investigación que se fan na USC. Asemade, trátase de estender este programa aos Centros de Educación Infantil e Primaria, así como programas de IV ciclo en colaboración con Asociacións Culturais e Concellos.

Unha segunda liña de traballo consistirá en elaborar materiais divulgativos propios en temas de interese para a sociedade que permitan ter unha información fundamentada nos principios científicos. Asemade, preténdese crear materias educativos orientados a diversos niveis educativos, dende a etapa infantil ata a etapa universitaria.