- Os doantes poderán, se así o desexan figurar nunha web de uso exclusivo para doazóns, sen prexuízo de outras distincións ou recoñecementos de que poidan ser obxecto.
- De acordo coa normativa existente neste ámbito o mecenado poderá materializarse mediante doazóns, que poderán ser de diñeiro, de bens ou de dereitos.
- A Universidade de Santiago de Compostela poderá rexeitar as microdozaóns se entende que os fins poden ser contrarios aos intereses da Universidade.
As doazóns efectuadas á USC darán dereito a practicar as deducións previstas no Titulo III da Lei 49/2002, de 23 de decembro, de réxime fiscal de entidades sen fins lucrativos e incentivos Fiscais ao Mecenado.